CRTVG

Buscar

Cambios nas etiquetas de eficiencia enerxética dos electrodomésticos

Publicado o 02/03/2021 20:24

Se teñen pensado mercar un electrodoméstico novo, saiban que xa entrou en vigor o novo etiquetado de eficiencia enerxética destes produtos. Estarán identificados cunha letra, nunha escala desde o A ao G, en función da súa maior ou menor eficiencia. Un sistema sinxelo, pero que, segundo algúns vendedores, vai requirir un esforzo para informar ben o consumidor.

Vai pasar dunha eficiencia enerxética A ++ a unha E. Son as novas etiquetas impulsadas pola Unión Europea que xa podemos ver nos comercios, e que miden o nivel de eficiencia desde a letra A ao G. Malia que o obxectivo é simplificar e clarificar as etiquetas do que mercamos, o certo é que algúns vendedores cren que vai ser necesario un esforzo para que os clientes o teñan claro.

Ata finais de ano estas novas etiquetas van poder convivir coas antigas.A s novas etiquetas son moi semellantes en canto aos parámetros que recollen, como a eficiencia, o consumo de auga ou o nivel de ruido.

Como gran novidade incorporan un código QR co que podemos obter máis información sobre o produto utilizando o noso teléfono móbil.

 

Noticias web

02/03/2021