CRTVG

Buscar

Cambados é o destino galego mellor valorado polos usuarios dun portal de aloxamento

Publicado o 21/07/2020 21:43

Cambados é a única localidade galega que figura na listaxe dos dez destinos españois mellor valorados polos usuarios nacionais dun coñecido portal de alugueiros vacacionais.

O prezo, a dispoñibilidade en temporada alta e, sobre todo, os comentarios positivos dos viaxeiros son os criterios con que Cambados sobresae como lugar de vacacións para as familias. Este verán en que priorizamos, en xeral, as viaxes de proximidade, esta vila histórica, mariñeira e rodeada de cepas de albariño convence moitas persoas de todos os puntos da Península para pasar o seu merecido tempo de descanso.

Este verán buscamos a distancia social e acurtamos os desprazamentos.
Na emblemática praza de Fefiñáns, agora decorada polas instalacións artísticas do escultor Manolo Paz, unha anfitrioa como Coral Portas constata connosco a crecente afluencia do turismo nacional.
Esta vila monumental e mariñeira da bisbarra do Salnés é un toda unha descuberta e tamén unha encrucillada de camiños.
Cambados acaba de ser elexida como mellor destino galego para o turismo familiar segundo as valoracións dos usuarios dun coñecido portal de aloxamentos.

Noticias web

21/07/2020