CRTVG

Buscar

Calvo: "O PSOE non falará de autodeterminación con ERC"

Publicado o 27/11/2019 15:25

Mañá reúnese o PSOE con Esquerra Republicana para tentar conseguir os seus votos na investidura de Sánchez. A negociadora socialista, Adriana Lastra, evitaba hoxe emendar os últimos movementos dos independistas cataláns. Si o fixo a número dous do goberno en funcións, quen aseguraba que o PSOE nunca falará de autodeterminación.

A negociadora do PSOE di que non vai entrar nun cruzamento de reproches con Esquerra Republicana. Onte, o seu voceiro no Congreso falaba dun Sánchez derrotado, pero Adriana Lastra prefire rebaixar o ton e confiar na reunión que manterán os dous partidos mañá pola tarde.

Pero a vicepresidenta en funcións, que non está no equipo negociador, marcaba hoxe límites.

Mentres tanto, Podemos opta por manterse nun segundo plano.

Pero a discreción rompeuna pouco despois a súa confluencia catalá, recoñecendo que participan nas negociacións con Esquerra.

Pola súa parte, Bildu advirte de que non van adherirse ao que pacten os socialistas con Esquerra e que o acordo que teñen as dúas formacións non os obriga a votar o mesmo na investidura.

Noticias web

27/11/2019