CRTVG

Buscar

Calviño salienta que Endesa, Xunta e Goberno deben "remar na mesma dirección"

Publicado o 21/10/2019 20:47
Calviño salienta que Endesa, Xunta e Goberno deben "remar na mesma dirección"

A ministra de Economía en funcións, Nadia Calviño, asegurou que o Goberno traballa por atopar solucións alternativas no caso de Endesa. Calviño, que participou esta tarde en Santiago nunha reunión de traballo cos axentes sociais, indicou que a propia empresa debeu prepararse para un proceso que se vía vir e que na situación actual tanto a empresa, a Xunta, como o Goberno central deben camiñar na mesma dirección.

Nadia Calviño Ministra de Economía e Empresa en funcións: "Francamente, en primeiro lugar a responsabilidade é das propias empresas que xa sabían que ía producirse un aumento, por exemplo, do prezo do CO2, que se ía producir un encarecemento da electricidade e que puideron tomar medidas alternativas. Pero estamos onde estamos é o que creo é que o máis importante é que rememos todos na mesma dirección".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019