CRTVG

Buscar

Calor en toda Galicia, con temperaturas de ata 36 graos no sur

Publicado o 27/05/2020 15:00

Semana marcada pola calor, por temperaturas impropias no mes de maio. Con aviso amarelo activado hoxe na conca do Miño e máis de 30 graos no litoral sur. Iso encheu desde primeiras horas praias como a de Samil. E, ollo, porque nos areais debemos manter unha distancia de catro metros cos demais bañistas.

Foi moi complicado durmir nas Rías Baixas a pasada noite. Concellos coma Vigo non baixaron dos vinte graos nin de madrugada.

Noites tropicais que moitos quixeron esquecer con baños refrescantes á primeira hora da xornada, cando as máquinas aínda limpaban as praias. En Samil ás dez da mañá o mercurio case chegaba aos trinta graos.

Porén, o día lévase peor no interior da provincia, especialmente nos concellos da conca do Miño, que están en aviso amarelo por temperatauras que poderían superar os 36 graos.

Sen o alivio da brisa e do mar, a calor tamén é intensa no interior de Galicia. Mesmo con valores por riba dos 35 graos nalgunhas comarcas.

Tamén no interior agárdase hoxe unha xornada ben calorosa,  aquí na cidade de Ourense a entradado aire africano xa se está a notar e o termómetro comeza aachegarse aos 30 graos. Pero o ascenso das temperaturas vai ser máissignificativo a partir das tres do mediodía, cando se activa o avisoamarelo por altas temperaturas que, poden acadar e mesmo superar, aos 36 graos en todo o val do Miño ourensán. 

As altas temperaturas tamén se van notar durante toda a xornada no litoral da provincia da Coruña, 

O sol e a calor intensa marcarán a xornada en toda a costa coruñesa. 

Aquí na cidade Coruña hoxe será previsiblemente o día máis caluroso da semana. Agárdase que os termómetros cheguen aos 28 graos.

E noutros puntos como Ferrol, os valores poden mesmo superar os 30 graos de temperatura.

 

Noticias web

27/05/2020