CRTVG

Buscar

Cales son as principais medidas que deben tomar a hostalaría para evitar contaxios?

Publicado o 14/08/2020 15:04

Buscamos o lugar máis distanciado nas terrazas e preferimos establecementos que garantan a seguridade e a hixiene. Pero ás veces descoidamos cousas tan importantes como a maneira de servir a bebida ou a comida cando compartimos mesa con máis xente.

Para minimizar os riscos de contaxio e garantir aínda máis a seguridade, a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra pon en marcha un proxecto piloto composto por cinco asesores que formarán e informarán sobre protocolos de seguridade.

Outro erro frecuente está na desinfección das asas das cadeiras ás que nos agarramos continuamente. Deberán limparse tanto por arriba como por baixo.

Estas medidas comezarán a poñerse en práctica estes días na zona de Vigo, pero irán trasladándose a outros concellos da provincia, sobre todo nos máis turísticos, para desfrutar dunha hostalaría máis segura.

Noticias web

14/08/2020