CRTVG

Buscar

As economías do G-20 sofren unha caída sen precedentes

Publicado o 14/09/2020 15:11

Desde Europa chega outra noticia económica. Hai datos da caída do produto interior bruto no grupo dos 20 países máis industrializados. 

A riqueza do G-20 rexistrou no segundo trimestre do ano unha caída sen precedentes. Caeu o 6,9 por cento, case o dobre ca nos tres meses anteriores, cando xa batera mínimos históricos.

En España, que non forma parte do G-20, aínda que é invitado desde 2008, a caída é do 18,5 por cento do PIB.

 

 

Noticias web

14/09/2020