CRTVG

Buscar

Caen os desafiuzamentos en Galicia nun 87,4 %

Publicado o 25/09/2020 11:30

Caída en picado dos desafiuzamentos en Galicia no segundo trimestre do ano. O informe Efectos da crise económica nos órganos xudiciais indica, entre outras cifras, que a suspensión dos prazos procesuais como consecuencia da declaración do estado de alarma o 14 de marzo, provocou un evidente descenso da actividade dos xulgados e tribunais galegos no segundo trimestre do ano. 

Así, por exemplo, os desafiuzamentos executados en Galicia neste período descenden un 87,4 % e as execucións hipotecarias iniciadas entre o 1 de abril e o 30 de xuño baixaron un 27,3 % con respecto ó ano pasado.

O estudo, ademais, reflicte que no segundo trimestre do ano os xulgados galegos ingresaron 27 demandas por ocupación ilegal de vivendas, un 15,6 % menos. 

Segundo a estatística feita pública hoxe, tamén descende o número de concursos presentados nos xulgados do mercantil da comunidade, pois pasaron de 68 no segundo trimestre de 2019 a 52, o que supón un descenso do 23,5 %.

 

Noticias web

25/09/2020