CRTVG

Buscar

Caen dúas casas abandonandas na parte histórica de Betanzos

Publicado o 13/12/2019 14:17

Está mañá, dous operarios afanábanse na retirada dos cascallos tras o derrubamento destas dúas casas da rúa A Cerca, na zona histórica de Betanzos: "Caeu a cuberta dunha delas e, como a medianeira tamén se derrubou, afectou tamén a lindeira. Case seguro que foi polo temporal".

Malia ser unha zona pola que pasan acotío os veciños, camiñando e tamén cos seus coches, non houbo feridos. 

"A min no me colleu porque adiantei a hora de saír, que se non...".

Din que esta nova derruba non os colleu por sorpresa e amósanse preocupados polo estado en que está a zona histórica. 

"Pasou en moitas ocasións...".

Os dous inmobles afectados, que estaban en estado ruinoso, son propiedade da Xunta de Galicia, que os mercou para o seu plan de rehabilitación e xa proxectaba a súa demolición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019