CRTVG

Buscar

Cáelle unha árbore encima mentres realizaba unha poda en Laza

Publicado o 20/01/2020 19:49

 

Cáelle unha árbore encima mentres realizaba unha poda en Laza

Trasladado en helicóptero despois de caerlle unha árbore encima mentres realizaba unha poda en Laza. Un home quedou ferido de consideración esta tarde en Laza despois de caerlle unha árbore encima mentres cortaba madeira nunha zona de monte no lugar de Correchouso.

Debido á gravidade das feridas da persoa, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado ata a zona onde ocorreron os feitos e, finalmente, o home foi evacuado na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Foi unha persoa particular quen alertou do sucedido ao 112 Galicia ás 14:35 horas.