CRTVG

Buscar

Cae unha trama de distribución de gasóleo modificado que tamén operaba en Galicia

Publicado o 13/05/2020 13:08

Cae unha trama que distribuía gasóleo modificado en estacións de servizo de baixo custe. Na operación desenvolvida pola Axencia Tributaria foron detidas 43 persoas. Operaban en 8 comunidades autónomas, entre elas Galicia.

A organización poderia ter defraudado case 11 millóns de euros. Adquirían noutros paises da Unión Europea os produtos, de características semellantes ao gasóleo de automoción, pero deseñados para eludir o control fiscal e introducilos en España. Logo distribuíano en estacións de servizo de baixo custe a prezos moi competitivos e sen pagar o IVE. O uso continuado deste gasóleo podería causar danos nos veículos.



 

Noticias web

13/05/2020