CRTVG

Buscar

Cae unha árbore na Castellana e colapsa o tráfico

Publicado o 11/10/2019 14:06

O paseo da Castellana de Madrid quedou colapsado. Foi a caída desta árbore a que provocou a primeira hora desta mañá grandes retencións de tráfico. Houbo que cortar tres carrís da avenida en hora punta, o que afectou a circulación nunha zona ampla, en que se produciron grandes atascos.

Un piñeiro de entre quince e vinte metros de alto e máis de dous e medio de ancho caeu esta mañá sobre o paseo da Castellana de Madrid e houbo que cortar a circulación en varios carrís. O incidente ocorreu ás seis e media e xerou importantes atascos, xa que a avenida é unha das principais arterias da cidade.

Estiveron cortados tres carrís mentres os bombeiros e os servizos municipais serraban o tronco e as ramas para retiralos da vía. Non ía vento nin había circunstancias artmosféricas que fixesen prever a caída.

"O peso, as dimensións, quizais a raíz non estaba o suficiente ben, e caeu a árbore. Frecuentemente non, pero ás veces, evidentemente, caen árbores", explica un bombeiro.

En calquera caso, a árbore non provocou máis danos que retencións maiores dos habituais. Ás nove abriron dous dos tres carrís cortados e ás dez quedou restablecido o tráfico no terceiro.

Noticias web

11/10/2019