CRTVG

Buscar

Cae o maior traficante de haxix do sur de Europa

Publicado o 15/09/2019 15:19

Contaba coa maior infraestrutura que os axentes viran ata o de hoxe

Golpe da Gardia Civil a 'Messi', o maior traficante de haxix do sur de Europa. A operación Cansino-Lanas permitiu desartellar a organización que tiña montada Abdelah el Haj co clan coñecido como Os Lanas. Dedicábanse a introducir grandes cantidades de droga desde África e contaban coa maior infraestrutura que os axentes viran ata o de hoxe. A banda estaba formada por 78 persoas e, como líder, tiñan o coñecido como o 'Messi do haxix'.

Noticias web

15/09/2019