CRTVG

Buscar

Cae co seu coche por un terraplén duns 20 metros en Baiona e sae polo seu pé

Publicado o 05/01/2020 14:30

E en Baiona un home de 63 anos caeu onte pola tarde co seu coche por un terraplén duns 20 metros cando circulaba por unha pista de terra no monte de Baíña.
O condutor saíu polo seu pé do vehículo e camiñou máis dun quilómetro para pedir axuda. Foi trastadado ao hospital.
Segundo contou, a saída de vía produciuse ao tratar de esquivar unhas vacas no camiño.
 

Noticias web

05/01/2020