CRTVG

Buscar

Cae a maior rede de narcotraficantes do Levante, con galegos implicados

Publicado o 26/09/2019 12:48

• As forzas de seguridade comisaron uns 4.000 quilos de cocaína

• A macrooperación deixa máis de 20 detidos en toda España

Era a maior organización de narcotraficantes do sueste español. Dedicábanse sobre todo ao tráfico de drogas e tamén ao branqueo de capitais. Unha macrooperción policial en que participaron uns 100 axentes.

Hai máis de 20 persoas detidas, máis de 600.000 euros atopados en diferentes inmobles, máis de 600 contas bancarias bloqueadas. As forzas de seguridade localizaron 300 propiedades por un valor de 20 millóns de euros. Tamén comisaron uns 4.000 quilos de cocaína amais de varias armas e vehículos de alta gama e embarcacións.

A organización criminal tiña o epicentro en Alacante pero tamén tiña ramificacións en Galicia, Cataluña e Madrid. Os galegos implicados residían no Levante.

 

Noticias web

26/09/2019