CRTVG

Buscar

Cadea de bos desexos para o día despois dos usuarios de Aspace Coruña

Publicado o 06/04/2020 20:14

A iniciativa está aberta a toda a sociedade. A cadea iniciárona os propios usuarios de Aspace.

"Lanzamos unha cadea para que todos comuniquemos, fagamos unha foto ou gravemos un vídeo dicindo que é o que queremos facer cando pase esta alerta sanitaria", explicou a directora xerente de Aspace Coruña, Sonia Ruiza.

Ir xantar fóra, de paseo ou de vacacións coa familia, son algúns desexos dos usuarios.

Aspace pechou o centro de día e o centro de educación, pero mantén a actividade na súa residencia de Sada, onde atende 51 persoas con parálise cerebral. "Estamos todos moi ben. Non hai ningún caso detectado como positivo nin nos usuarios, nin nos profesionais. Estamos traballando en equipo, máis unidos que nunca e co apoio das familias", dixo Sonia Rúz

Quen queira participar na cadea pode facelo a través das redes sociais de Aspace.

 

Noticias web

06/04/2020