CRTVG

Buscar

Cada segundo desperdícianse no mundo máis de 50 toneladas de comida

Publicado o 29/09/2020 20:27

Cada segundo desperdícianse no mundo máis de 50 toneladas de comida. Unha incorrecta almacenaxe, o exceso de compra ou unha mala planificación poden ser a causa do desaproveitamento dos alimentos nos fogares.

José Luis leva anos á fronte dunha tenda e restaurante ecolóxicos onde case todo se aproveita. A comida que lles sobra no restaurante pódese mercar a prezo reducido para consumir na casa e moitos dos produtos véndense a granel.

Apostar pola produción sostible e consumir produtos de proximidade tamén é un xeito responsable de coidar a xente e o planeta.

Noticias web

29/09/2020