CRTVG

Buscar

Caballero reúnese co comité de empresa de Alcoa San Cibrao e desde o PPdeG pídenlle que defenda os intereses da industria en Galicia

Publicado o 09/09/2019 21:34

O secretario xeral do PSdeG, tras reunirse cos traballadores de Alcoa San Cibrao, recordou o compromiso do Goberno central para a creación dun estatuto electrointensivo para abartar a factura da electricidade destas empresas. Desde o PPdeG pídenlle a Caballero que defenda os intereses da industria en Galicia e non os do Goberno socialista.

"Pensamos que é unha magnífica ocasión para que o líder socialista se una a este consenso que hai e que se poña de lado de Galicia e non do lado do Goberno en funcións de Madrid", asegura Pedro Puy, voceiro do Partido Popular.

"A ministra de Industria ten o plus de xestionar ben outras crises industriais, está comprometida coas decisións necesarias para que haxa enerxía a prezos máis competitivos", afirma Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019