CRTVG

Buscar

Caballero recorda que foi a dereita a que máis reclamou eleccións xerais

Publicado o 16/02/2019 15:16

Gonzalo Caballero lembra que foi a dereita a que máis clamou por unhas eleccións xerais, diante das críticas á convocatoria de Sánchez. No acto de presentación de Manuel Pazos como candidato do PSOE á alcaldía de Marín, o líder dos socialistas galegos falou da necesidade de consolidar unha maioría de progreso, fronte á opción do retroceso que supón a dereita.

"Feijóo anuncia que se vai a paralizar o país, nos próximos meses, cando foi o Partido Popular o que máis reclamou eleccións xerais e cando os cidadáns van ter que elixir entre unha opción de progreso, liderada por Pedro Sánchez, ou unha opción de parálises e de colapso, liderada por Casado". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2019