CRTVG

Buscar

Caballero pide "corresponsabilidade" aos grupos políticos para que haxa Goberno dentro de 20 días

Publicado o 01/09/2019 14:36

O secretario dos socialistas galegos fai un chamamento a todos os partidos políticos para que sexan "corresponsables" e permitan que se leve adiante o proxecto de goberno de Pedro Sánchez. Gonzalo Caballero, que mantivo unha xuntanza en Santiago cos presidentes das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, asegura que o seu partido estaría preparado para enfrontar unhas novas eleccións, pero que agarda que haxa Goberno do Estado dentro de vinte días.

"Non hai ninguén que dea un paso adiante, para poder presidir o Goberno se non é Pedro Sánchez e polo tanto todas as forzas políticas deberían entender que o boicot e o bloqueo por causas de intereses particulares non están na liña do que interesa á maioría e deberían posibilitar que o proxecto de goberno que acadou o maior apoio nas últimas eleccións xerais poida acceder ao goberno, neste mes de setembro".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019