CRTVG

Buscar

Caballero: "O Nadal comeza en España cando Vigo acende as súas luces"

Publicado o 22/11/2019 20:39

Todo listo en Vigo para inaugurar o Nadal. Mañá ás oito da tarde procederase ao acendido da iluminación con todos os hoteis co cartel de completo.

Esta mañá o alcalde presentou a imaxe da cidade durante estas datas, un fotocall instalado na rúa con esta lenda "Vigo, onde vive o Nadal".

O reloxo da Porta do Sol vai marcando as horas, ata que mañá, as oito e media, se proceda ao acendido oficial das luces. Durante todo o día estiveron a probarse as luces, a noria xigante, e dando os últimos retoques ao son e aos espectáculos para que todo saia ben. E todo, cos hoteis co cartel de todo completo.

Noticias web

22/11/2019