CRTVG

Buscar

Caballero e Margarita Robles comprometen o apoio a Navantia en Ferrol

Publicado o 04/11/2019 21:57

O PSdeG pechou o cuarto día de campaña en Ferrol, convencido de que conforme se achega o 10 de novembro, as súas perspectivas de repetir os resultados do pasado mes de abril son mellores. Esta tarde contaron co apoio da titular en funcións do Ministerio de Defensa.

Margarita Robles referíase ás cinco fragatas que Navantia Ferrol construirá para a Armada, un proxecto que non comezará a desenvolverse antes de 2022. Robles recoñecía que será difícil adiantar eses prazos.

Gonzalo Caballero insistiu pola súa banda na idea de que un goberno socialista é o mellor que lle pode pasar a Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2019