CRTVG

Buscar

Caballero diríxese aos que apoiaron o BNG, Podemos e En Marea e apela ao "voto útil socialista"

Publicado o 06/11/2019 14:51

Os socialistas galegos reciben este mércores a visita do voceiro no Senado, Ander Gil. Durante un paseo pola cidade de Ourense, o secretario xeral do PSdeG pediu o voto dos progresistas tamén na Cámara Alta.

Gonzalo Caballero insistiu en aglutinar o voto da esquerda no Partido Socialista e aproveitou a presenza de Ander Gil en Ourense para reivindicar a importancia de conservar a maioría que en abril obtiveron no Senado.

Pola súa banda, nun acto en Córdoba, Pedro Sánchez, insistiu en que Unidas Podemos prefire un goberno débil en vez, dixo, de romper o actual bloqueo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019