CRTVG

Buscar

Caballero di que Pedro Sánchez é o único que pode levar España pola senda do progreso

Publicado o 07/11/2019 15:09

Os socialistas galegos iniciaron o sétimo día de campaña en Pontevedra. Ata alí viaxou o secretario de Xustiza, Liberdades e Novos Dereitos do PSOE, Andrés Perelló, que chamou á mobilización do voto progresista de cara ao domingo e canalizar ese voto no PSOE.

O secretario xeral do PSdeG gabou o proxecto de Goberno que encabeza Pedro Sánchez. Gonzalo Caballero insistiu en que o actual inquilino da Moncloa é o único que pode levar España a unha senda de progreso.

Pola súa banda, Pedro Sánchez participou nun acto político na vila murciana dos Alcázares xunto con dirixentes e militantes do partido na rexión. Sánchez destacou nesta localidade, moi afectada polas inundacions de hai un mes, o seu compromiso coas políticas ambientais e, especialmente, coa rexeneración do Mar Menor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019