CRTVG

Buscar

Caballero di que cun Goberno socialista os problemas de Galicia estarán no Consello de Ministros

Publicado o 08/01/2020 14:28

Reaccións tamén en Galicia. O secretario xeral dos socialistas galegos asegura que é unha boa nova que haxa un goberno progresista en España. Gonzalo Caballero dixo que hai goberno para anos e unha axenda para a toda a lexislatura na que terán moita presencia os problemas que afectan a Galicia.

Caballero dixo que acadarán decisións que favorezan a Galicia cando haxa que aprobar os orzamento, tanto en materias de prioridade social coma industrial. Asegurou que as galegas e os galegos saben que cun goberno socialistas en España os temas que preocupan aos galegos estarán no Consello de Ministros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2020