CRTVG

Buscar

Caballero defende ante a emigración na Arxentina a necesidade do cambio político

Publicado o 06/03/2020 15:01

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, continuou a súa axenda na Arxentina cunha visita ao Centro Galicia de Bos Aires. 

O xoves reuniuse co presidente do país, Alberto Fernández. Un país onde viven máis de 150.000 galegos. Caballero tamén visitou o hospital privado Centro Galego de Bos Aires e o Instituto Santiago Apóstol. E defendeu a necesidade dun cambio político en Galicia.


 

Noticias web

06/03/2020