CRTVG

Buscar

Caballero comprométese a poñer en marcha un plan integral de apoio ao sector primario

Publicado o 10/03/2020 13:54

Gonzalo Caballero comprométese a poñer en marcha un plan integral de apoio ao sector primario se gaña as eleccións.

O candidato do PSdeG á Xunta de Galicia dixo, durante unha visita a unha explotación leiteira da Estrada, que o programa de goberno dos socialistas recolle máis de 40 medidas dirixidas a impulsar o sector agrícola e gandeiro. Destacou a posta en marcha dun banco de terras, medidas para garantir un prezo do leite xusto e unha forte aposta pola investigación e innovación dirixida ao sector gandeiro.

Noticias web

10/03/2020