CRTVG

Buscar

Caballero chama á mobilización para "un tempo novo" desde A Coruña

Publicado o 24/05/2019 16:07

Os socialistas galegos comezaron este último día de campaña na Coruña. Gonzalo Caballero fixo un chamamento á mobilización e pediu o voto para a candidata á alcaldía, Inés Rey.

Devolverlles aos barrios o esplendor de hai anos. Este é un dos obxectivos da candidata socialista á alcaldía pola Coruña, Inés Rey, que neste último día de campaña estivo visitando o mercado de Elviña acompañada polo líder do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Segundo Caballero, A Coruña ten que ocupar un papel fundamental na Galicia do futuro. Un novo tempo que, din os socialistas, comezará a escribirse a partir do 26 de maio.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019