CRTVG

Buscar

Caballero asegura que "os socialistas son os máis preparados para gobernar"

Publicado o 12/05/2019 15:30

O Partido Socialista facía campaña esta maña na provincia de Pontevedra. O secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero arroupaba na capital Pontevedresa o candidato á alcaldía, Tino Fernández. Caballero visitou tamén Moaña e alí asegurou que os socialistas son os máis preparados para gobernar os concellos galegos. 

Puxo como exemplo o labor da candidata en Moaña, Marta Freire, e augurou que habera gobernos progresistas nas grandes cidades e vilas de Galicia, xa que as últimas eleccions xerais demostraron que os galegos non queren gobernos de dereitas e os electores déronlle forza ao PSdeG para liderar proxectos de esquerdas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/05/2019