CRTVG

Buscar

Caballero acusa a Feijóo de incendiar os temas "candentes" de política industrial

Publicado o 23/03/2019 14:48

Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de incendiar en materia de política industrial en Galicia, onde acusa ao Partido Poplar de inactividade. O líder socialista aproveitou a presentación do candidato do PSOE á alcaldía de Arteixo, Martín Seco, para arremeter contra o presidente da Xunta por nin sequera ter posto enriba da mesa, dixo, o concepto de electrointensivas e por non colaborar, criticou, co Goberno do Estado na busca de solcións a este respecto.

Gonzalo Caballero, Secretario xeral do PSdeG-PSOE: "Feijóo non ten lexitimidade para seguir enganando os galegos e seguir intentando incendiar os temas candentes de política industrial, en vez de colaborar co Goberno e dar solucións".
 

Noticias web

23/03/2019