CRTVG

Buscar

Buscan un veciño desaparecido do Carballiño que precisa tratamento psiquiátrico

Publicado o 30/04/2019 14:32
Buscan un veciño desaparecido do Carballiño que precisa tratamento psiquiátrico

A Garda Civil busca dende este martes pola mañá un veciño do Carballiño de 48 anos. Chámase Julio González Feijoo e mide 1,70.

Levaba no momento da desaparición un chándal negro cun suadoiro azul e unhas zapatillas deportivas azuis e grises.

Foi a súa muller a que denunciou a súa falta. Marchou contra as 12 do mediodía deste luns da casa e non regresou.

O home atópase en tratamento psiquiátrico por depresión.

Noticias web

30/04/2019