A muller do home desaparecido no Saviñao pide máis medios
As forzas de seguridade continúan á procura de Emilio Pintor, un home de 43 anos que leva desaparecido dende a madrugada do venres. Residía na Coruña, pero é no concello do Saviñao onde o sitúa o último sinal emitido polo seu teléfono móbil. Agora a súa busca estase a centrar no leito do río Miño entre Belesar e a praia da Cova.
Na súa busca participan grupos especiais de actividades subacuáticas da Garda Civil e da Policía Nacional e tamén participou un helicóptero e mesmo drons da Axencia Galega de Emerxencias, pero non hai rastro do home. A familia do desparecido amósase desesperada ante a falta de pistas que leven ata o seu paradoiro e reclama máis medios.
Piden tamén a colaboración cidadá por se alguén o viu. Sinalan que vestía cun vaqueiro azul e un suadoiro granate e conduce un Citroën AX con matrícula de Pontevedra.