CRTVG

Buscar

Buscan un home de 56 anos que desapareceu en Vigo o 29 de maio

Publicado o 12/06/2019 13:18

En Vigo buscan un home de 56 anos que leva desaparecido dende o pasado 29 de maio. Foi visto por última vez en Sanjurjo Badía, onde vivía coa súa nai. De momento son moi poucas as pistas que poidan dar co seu paradoiro. Precisa medicación, xa que padece un trastorno da personalidade.

Ramón Landín ten 56 anos, é de complexión delgada e precisa tomar medicación. Desapareceu o 29 de maio. Saíu da súa casa, en Sanjurjo Badía, sobre as doce de mañá e dende entón non saben nada del.

Dende ese mesmo día comezou a súa busca tras denunciar a súa desaparición. Marchou co posto, sen o teléfono móbil pero coa súa carteira e a súa documentación.

A familia pide a colaboración cidadá para poder atopar algunha pista que lles axude a dar co seu paradoiro. A súa foto xa está colocada por varios rúas de Vigo, pero tamén en redes sociais e Internet. Calquera pista ou información será ben recibida a través do número do 112 e en SOS desaparecidos.

Porque a súa familia non perde a esperanza e confía en que volva pronto á casa.

Noticias web

12/06/2019