CRTVG

Buscar

Buscan un agresor machista reincidente tras agredir de novo a súa parella en Vigo

Publicado o 18/09/2019 21:40

A policía busca un home en Vigo acusado de agredir a súa parella. Varios veciños chamaron a policía ao escoitar gritos e golpes nunha vivenda. Cando chegaron os axentes, o home xa fuxira e atoparon unha muller que presentaba lesións en todo o corpo. Segundo o informe médico, tiña lesións recentes, pero tamén antigas, froito supostamente dunha violencia continua.

O home, de 66 anos, xa foi detido anteriormente por violencia de xénero, e segundo as testemuñas, ameazou con matala se o volvía denunciar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019

Máis sobre vigo