CRTVG

Buscar

Buscan por terra e aire o veciño de 89 anos desaparecido o sábado en Oleiros

Publicado o 02/09/2019 19:42

Vai manterse o dispositivo de busca do home de 89 anos desaparecido o sábado en Oleiros. Hoxe retomouse o ratrexo da zona próxima á vivenda, complicada porque é parte dun parque natural con moitos desniveis.

Aos traballos de busca, por terrra e aire, de efectivos da Policía Local, Garda e Protección Civil uníronselles cans adestrados do Servizo de Salvamento e Socorrismo, amais de efectivos dos servizos de emerxencias e moitos veciños.

O home desaparecido, que ten problemas de mobilidade, marchou da casa sen chaves e sen teléfono.

Noticias web

02/09/2019