CRTVG

Buscar

Buscan os tres delincuentes que asaltaron tres asturianos en Coles

Publicado o 12/12/2019 12:46
Buscan os tres delincuentes que asaltaron tres asturianos en Coles

A Garda Civil continúa a investigación para intentar dar cos tres delincuentes que asaltaron, pistola en man, tres asturianos que se achegaron a Coles para pechar a venda dun coche que viran a través de Internet.

Ofrecían un vehículo de luxo con poucos quilómetros como cebo e pedíanlles cartos en efectivo para realizar a transacción. Roubáranlles 26.000 euros e causáronlle danos ao coche en que viñan. Ademais, unha das vítimas tivo que recibir asistencia por un golpe na cabeza.

As forzas de seguridade non descartan que sexan os mesmos autores doutros roubos semellantes rexistrados na provincia de Lugo.




 

Noticias web

12/12/2019