CRTVG

Buscar

Buscan os autores de varios roubos en vivendas da Merca

Publicado o 19/11/2019 14:51

A Garda Civil busca os autores de varios roubos acontecidos en vivendas do concello ourensán da Merca.

Están investigando para poder identificar os delincuentes. Traballan coa hipótese de que foron as mesmas persoas os autores destes catro roubos. Sospeitan que estean integrados nunha banda itinerante.

Na última das vivendas asaltadas, os ladróns ocasionaron numerosos estragos, que os donos valoran en máis de 3.000 euros. Nela roubaron cartos e xoias por valor de 2.000.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019