CRTVG

Buscar

Buscan o autor da coitelada que deixou ferido un veciño en Sarria

Publicado o 08/09/2020 10:57

No transcurso dunha pelexa na praza da Vila, no centro de Sarria, un home de 33 anos foi apuñalado no peito. O presunto autor, que xa foi identificado, daquela fuxiu. Inmediatamente, a Garda Civil e mais a Policía Local acudiron ao lugar dos feitos e iniciaron un operativo de busca.

"O que escoitei foron as sirenas da policía ao viren. Segundo vin, houbo un apuñalamento", comenta un traballador dun establecemento hostaleiro.

O suceso, que ocorreu á última hora da tarde, sorprendeu os veciños da contorna. Segundo sinalan, este parque é un lugar tranquilo, onde non lembran ningún episodio de violencia como o que se acaba de rexistrar.

"É unha vila moi tranquila. Cousas así é moi raro que haxa. Pero diso está pasando todos os días en todos os sitios e parece que se vai copiando".

"Sempre houbo pelexas de noite. Antres era máis na zona de ocio nocturno, como en calquera outro sitio".

"Sorpréndeme bastante. Sarria é moi segura, e o parque tamén".

"Normalmente, no parque hai cuadrillas de mozos polas tardes, aínda que non de Latin Kings nin nada diso. Pero chegar a tal extremo de apuñalarse...".

A vítima do suceso, que tivo que ser trasladada ao Hospital Lucus Augusti de Lugo, encóntrase estable.
 

 

Noticias web

08/09/2020