CRTVG

Buscar

Buscan no encoro de Vilasouto un home de Sarria desaparecido

Publicado o 11/10/2019 16:00

Os mergulladores da Garda Civil seguen buscan un home desaparecido no encoro de Vilasouto, no Incio. Trátase dun veciño de Sarria, de 69 anos, que lle deixou á súa familia unha nota en que indicaba a onde se dirixía. Xunto á presa localizaron o seu coche cos seus efectos persoais. E moi preto, na ponte, atoparon unha gorra da súa propiedade, que estaba colocada nun lugar visible. A busca estase facendo ás apalpadelas, posto que a turbidez da auga resta toda visibilidade.

Noticias web

11/10/2019