CRTVG

Buscar

Buscan na comarca da Limia os asaltantes dunha vivenda de Calvos de Randín

Publicado o 20/06/2019 16:21

Continúa a busca dos dous asaltantes que golpearon un veciño de Calvos de Randín e ameazaron cunha arma a súa muller e a súa filla.

A Policía Xudicial da Garda Civil de Xinzo fíxose cargo da investigación destes feitos que ocorreron o luns de madrugada, cando o matrimonio e a filla regresaban a casa tras pechar o restaurante que rexentan en Ourense. Todo parece indicar que os asaltantes estaban agardando por eles, agochados ás portas da vivenda. Búscanos nas inmediacións, na comarca da Limia, porque se sospeita que coñecían a zona.

Noticias web

20/06/2019