CRTVG

Buscar

Buscan con cans e drons un veciño de 89 anos desaparecido en Oleiros

Publicado o 01/09/2019 15:40

Esta mañá retomouse a busca do ancián de 89 anos desaparecido en Oleiros. A Garda Civil rastrexou cun can de rescate a zona de acantilados próxima ao areal de Bastiagueiro e revisou de novo os arredores do domicilio familiar, situado nun monte. Ao operativo sumáronse a Policía Local e varios efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias, que revisaron o treito dun río que baixa soterrado ata o areal.

A familia do desaparecido deu a voz de alarma contra o mediodía de onte, ao comprobar que o home marchara da casa sen chaves e sen teléfono. O ancián ten problemas de mobilidade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí