CRTVG

Buscar

Buscan uns 400 desaparecidos na riada do Brasil, sen esperanzas de dar con superviventes

Publicado o 26/01/2019 13:52

A riada de terra e residuos sepultou a empresa mineira e estragou vivendas, campos e infraestruturas da contorna.
Os operarios da empresa estaban traballando ou no comedor no momento do sinistro. Nas primeiras horas rescatáronse nove mortos e 279 superviventes, algúns de entre a lama, e segue a busca de desaparecidos. Falárase duns 150 pero os bombeiros elevaron a cifra a 300.
O gobernador do Estado indicou que as posibilidades de atopar máis xente viva son escasas. O presidente da mineira tamén admitiu que a cifra de mortos vai ser grande.
Os familiares dos desaparecidos queixáronse de falta de información.
O goberno brasilerio mobilizou o exército á zona, o municipio de Brumadinho, no estado de Minas Gerais, para axudar na busca e reducir o impacto ambiental.
A presa rota almacenaba sílice pero sobre todo terra, e non se usaba actualmente, segundo a empresa mineira, Vale, que é a maior produtora e exportadora mundial de ferro.
Hai tres anos, un sinistro moi similar deixou 19 mortos e a maior catástrofe ambiental do Brasil neste mesmo estado nunha mina na que Vale tamén tiña participación.
Aministía Internacional e Greenpeace esixen responsabilidades.

Noticias web

26/01/2019