CRTVG

Buscar

Volven ao mar por terceiro día na busca do patrón do pesqueiro que naufragou nas Cíes

Publicado o 26/02/2020 10:30

Segundo día de loito oficial en Nigrán e terceira xornada na procura de Jorge Emilio Martín, o mariñeiro natural deste concello que continúa desaparecido despois do naufraxio da súa embarcación nas inmedicacions das illas Cíes. Búscano por terra, mar e aire, polo de agora sen resultados.

No mar inspeccionaron o exterior e a cara interna da illas Cíes as embarcacións de Salvamento Maritimo, da Axencia Aduaneira e da Garda Civil, aínda que os mergulladores non puideron traballar polo estado do mar. A falta de visibilidade non permitiu a saída do helicóptero Pesca I dende Vigo, pero si sobrevoa a zona o Helimer Galicia. Por terra colaboran na busca efectivos de Proteccion Civil.

Está previsto que o operativo permaneza activo durante todo o día nunha xornada na que será soterrado José Manuel Freire Leyenda, o mariñeiro de Baiona que perdeu a vida no naufraxio. Os seus compañeiros tamén colaboraron hoxe no dispositivo de busca

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2020