Á busca dun piso en Santiago coa incerteza sobre o curso que vén
Publicado o 14/07/2020 14:58
Centos de estudantes andan estes días á busca dun piso de alugueiro en Santiago para o curso que vén. As reservas van con algo de atraso porque moitos mozos non saben exactamente se o curso que vén será en liña ou presencial.
As axencias confirman o grande auxe das reservas en liña. A oferta de pisos de alugueiro redúcese considerablemente para que os veñan agora buscalo. As axencias confirman tamén que moitos propietarios decidiran reducir ata nun 50% o alugueiro dos pisos durante os últimos tres meses do curso pasado.
Máis sobre Santiago de Compostela
28/02/2021 21:18
26/02/2021 20:00
24/02/2021 13:43