CRTVG

Buscar

Burela gaña en Poio por 3-5 nun derbi de moita categoría

Publicado o 11/01/2020 23:26

O Poio Pescamar e o Burela Pescados Rubén disputaron un gran partido na primeira xornada da Primeira División de Fútbol Sala Feminino. Triunfo final para o conxunto burelés que se impuxo por 3-5. A primeira parte resultou espectacular con moitas ocasións e chea de alternativas. Anna Escribano adiantou a Poio. Nos intres finais dese primeiro tempo empatou a antiga capitá do equipo local Jenny Lores pero nuns intres de tolemia Carol Agulla e Cilene anotaron dous auténticos golazos.

Burela controlou mellor o segundo tempo, sen conceder tanto na súa portería e froito dese dominio chegaron os goles de Bea Mateos e Lara Balseiro. Poio arristou con porteira xogadora e deu os seus froitos cun gol de Dani Sousa que lle deu opcións. Coas pontevedresas emborcadas chegou o gol de Jozi dende a súa propia portería que poñía o definitivo 3-5.

Goles: 1-0 Anna Escribano 6' 1-1 Jenny Lores 14' 2-1 Carol 16' 2-2 Cilene 19' 2-3 Bea Mateos 27' 2-4 Lara Balseiro 30' 3-4 Dani Sousa 33' 3-5 Jozi 38'

Noticias web

11/01/2020