CRTVG

Buscar

Burela e Parrulo, derbi galego na 1ª división do fútbol sala

Publicado o 13/11/2020 22:08

Na Primeira División de fútbol sala, mañá é día de derbi. O Burela e o Parrulo enfróntanse ás 6.30 da tarde en Vista Alegre. Os locais chegan ao partido buscando un oco na parte nobre da táboa, son novenos con 9 puntos. Pola súa banda, os ferroláns buscan fuxir do pozo. Suman dous puntos en 6 partidos. Pero os derbis son os derbis e máis se son na máxima categoría.
 

Noticias web

13/11/2020