CRTVG

Buscar

Bueu inaugura a primeira travesía ás Illas Atlánticas dende o estado de alarma

Publicado o 19/06/2020 21:27

Esta tarde saía o primeiro barco para a illa de Ons dende o inicio do estado de alarma. Partía dende o porto de Bueu, e é un anticipo das viaxes que as navieiras farán de xeito regular a partir de mañá sábado.

Mar de Ons ofrece catro horarios ao día dende Vigo e Cangas cara ás illas Cíes e outras tantas dende Portonovo, Sanxenxo e Bueu cara a Ons. Os límites de visitantes mantéñense coma antes da pandemia.

O barco que saíu esta tarde dende Bueu para Ons levaba 170 veciños ou familiares. Algúns había tres meses que non pisaban a illa.

Noticias web

19/06/2020