CRTVG

Buscar

Buch defende a actuación dos Mossos e pide illar os grupos violentos

Publicado o 16/10/2019 18:52

O conseller de Interior da Generalitat, Miquel Buch, defendeu as actuacións e a proporcionalidade dos Mossos d'Esquadra e tamén as manifestacións cívicas que se deron de resposta á sentenza, aínda que alertou de que ao final dalgunhas desas protestas hai "grupos violentos" que pide illar. O conseller mantivo unha reunión a mañá deste mércores coa cúpula do Govern: co presidente, Quim Torra, co vicepresidente, Pere Aragonès, e coa consellera de Presidencia e Portavoz do Govern, Meritxell Budó, tras os altercados do martes en varias cidades de Cataluña que se saldaron con 125 feridos.

 

 

Noticias web

16/10/2019