CRTVG

Buscar

A UE rebaixa catro décimas a previsión de crecemento económico para España

Publicado o 07/11/2019 14:53

A Comisión Europea constata a desaceleración que afecta a economía española e prevé que pechará 2019 cun crecemento do 1,9%. O executivo comunitario rebaixa en catro décimas o seu prognóstico de xullo e contempla o mesmo recorte en 2020, cando España crecería un 1,5%.

O dato empeora o avanzado polo Goberno e polo Banco de España. Con todo, as autoridades comunitarias confían na fortaleza da economía española. Segue por riba das grandes potencias e do conxunto da zona euro, onde o crecemento cae ao 1,1% este ano e ao 1,2 o que vén. Lastra Alemaña, afectada pola recesión, crecerá só catro décimas.

España non é allea aos efectos das guerras comerciais ou do brexit pero ten un elemento adicional: a falta de orzamentos. E Bruxelas entende que, sen ingresos novos, subirá o déficit. Apunta a que chegará ao 2,3% este ano, tres décimas por riba do previsto polo Goberno. E que a inercia seguirá en 2020, cun 2,2% de déficit público.

En canto ao emprego, deixa a taxa de paro en preto do 14%, pero advirte do risco de suba a medio prazo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019