Bruxelas advírtelle ao Goberno que debe consultar a todas as partes implicadas sobre a reforma xudicial
A Comisión Europa (CE) dixo este venres que continuará seguindo de preto a reforma xudicial en España e subliñou que neses procesos é importante que os países leven a cabo todas as "consultas necesarias". "Estamos ao tanto da nova proposta. É importante que os estados membros cando reformen o sistema xudicial fagan as necesarias consultas con todos os implicados e coa Comisión de Venecia", dixo en conferencia de prensa o portavoz comunitario de Xustiza, Christian Wigang. Os "implicados" inclúen "tanto á esfera política como xudicial", precisou ao ser preguntado sobre a reforma xudicial española.
O portavoz referiuse á importancia de que España aborde a reforma do Consello Xeral do Poder Xudicial asegurando "que non sexa percibido como vulnerable á potilización". Nese contexto referiuse á Comisión de Venecia e á necesidade de seguir os estándares europeos para asegurar a independencia xudicial. "Continuaremos seguindo a situación de preto", engadiu.